Pantón acolle esta fin de semana unha xornada adicada ao Camiño de Inverno e a carreira da Rota do Románico. Actividades que repasamos co técnico de cultura Javier González. O 22 de outubro 36 Denominación Vitícolas de España, entre elas a de Ribeira Sacra, celebrarán o Día Movemento Viño D.O. Para coñecer algo máis desta iniciativa falamos con David Palacio, Presidente da Confederación de Consellos Reguladores Vitivinícolas de España. O BNG presentou no Parlamento iniciativas para que os maiores non teñan que desprazarse ata os vacunódromos e poidan ser inoculados nos seus centros de saúde. Falamos desta proposta coa deputada Carmen Aira. En desacordo coa RPT que prepara o concello de Monforte tres dos catro sindicatos que representan os traballadores. Reclaman negociación que aseguran, non houbo ata o de agora. Escoitamos as represntantes de CCOO, CIG e CSIF. Entre outros asuntos, falamos tamén de fútbol, esta fin de semana estréase o Lemos en casa con novo adestrador. Falamos co presidente da entidade, Óscar López.