Repasamos novas da actualidade máis próxima que pasan pola visita que hoxe fixo a Monforte o Conselleiro Francisco Conde, que presentou unha nova edición do Programa Galicia Renova Electrodomésticos. Escoitamos ao xerente da área sanitaria, Ramón Ares, que recoñece os problemas que teñen para cubrir as baixas que hai no Centro de Saúde de Monforte. Nace na Ribeira Sacra unha agrupación de empresarios que impulsa unha vintena de empresas e da que hoxe coñecemos máis conversando con Manuel Dacosta e Severino Rodríguez, presidente e secretario desta nova Asociación. O concello de Monforte fará cumplir coa ordenanza de medio ambiente e sancionará a quen deixe o lixo na rúa antes de que se coloquen os cubos de recollida. Falamos delo con Juan Carlos Prado, técnico de Medio Ambiente. O BNG levou ata o Parlamento Europeo a situación na que está esta zona sur de Lugo en diversos ámbitos. Unha delegación de 15 persoas participa en comisións das que falamos con Rosana Prieto, responsable comarcal do BNG, integrantge da expedición. E segue crecendo o número de Federados no Club de Natación de Monforte. Falamos co adestrador Emilio Beltrán e con catro nadadores, Odei, Andrea, Javier e Martín.