Entre outros asuntos da actualidade máis próxima, contámoslle que o enólogo monfortino David Pascual é o novo presidente da Asociación Galega de Enólogos. No espazo que co técnico Alfonso Losada, dedicamos cada martes ao sector vitícola, falamos hoxe con él. Presentada no Festival de Cine de Málaga a nova película de Dani de La Torre. Conversamos co director monfortino e tamén cun dos rapaces protagonistas, David Rodríguez. Dos 1.382 alumnos que nesta provincia de Lugo empezaron hoxe as probas da ABAU, 117 son de Monforte, 58 do IES A Pinguela. Falamos con Enrique Sampil, director do citado Instituto.