A actualidade da xornada pasa pola volta a escola e falando desa volta abrimos o programa de hoxe. Falamos con Pablo Blanco, director do Colexio dos Escolapios onde recibiron aos alumnos a ritmo de batucada. Tamén chegaron hoxe os primeiros alumnos aos Institutos, niste caso visitamos o IES Daviña Rey e conversamos co director Isaac González. Falamos tamén con Fran Bouso, profesor do Ceip Rosalía de Castro de Bóveda, o que menos alumnado ten de toda a comarca e onde estrean hoxe servizo de madrugadores.
Hoxe tamén é xornada de Romarías e a máis próxima é a de Cadeiras. Dela falamos co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. Recollemos queixas sobre o estado no que se atopa o firme da N120 e entre outros asuntos, recuperamos o gabinete xurídico que xa tivemos a temporada pasada e co avogado Héctor Silva, falamos do complemento por paternidade e as reclamacións que xurden en torno a este tema.