A celebración do xoves de compadres abre as festas do entroido no Val de Lemos. Falamos desta tradición coa concelleira de cultura de Monforte, Marina Doutón. Con Julita Barreiro, que en nome dos Veciños das Vivendas da Pinguela cóntanos que fixeron neste barrio monfortino. Hai compadres tamén nos concellos da contorna como en Sober, e neste caso deles falamos co alcalde Luis Fernández Guitián, concello no querecuperan o sábado día 18 a Festa da Cachucha. Festa - cea de entroido prepara tamén a Asociación Trece Roeis en Ferreira este sábado para recadar cartos para o Festival que van celebrar en Agosto e do adianta as primeiras actuacións Miguel García, presidente da citada Asociación. E de volta das Xornadas que sobre a zona sur de Lugo organizou o BNG no Parlamento Europeo, facemos balance conversando co alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda e con Emilio Sánchez, voceiro do BNG en Monforte.