Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 09/11/2021

Programa completo do 09/11/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 09.11.2021 14:23

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola. Hoxe falamos das Xornadas que sobre enoturismo prepara o GDR Ribeira Sacra - Courel para o venres e sábado. Unha iniciativa que repasamos co xerente do GDR Martín Alemparte e co técnico Alfonso Losada. Concentración en Monforte diante do Centro de Saúde en defensa dunha sanidade pública e accesible para os maiores. Da situación falamos con Mario Docasar e José Antonio Cabo, representantes do sindicato convocante, CCOO. E que pasa cos accesos do Porto Seco á N 120? Preguntamos pola fase na que está este proxecto a Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestructuras. Co xerente do CCU, Ángel Folgueira, repasamos axudas ás que se pode acoller o sector do comercio para dixitalizarse e rematamos programa co alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, falamos da situación na que está a superficie afectada polo incendio de setembro, tras autorizar o Consello de Ministros intervencións na zona por valor de 500 mil euros.