Pola boa xestión que fan dos residuos vén de recibir un premio Bazar Lago. Abrimos programa conversando con José Antonio Guitián, responsable do citado comercio. E residuos, varias toneladas, recolleu un grupo de voluntaros nas márxenes do Río Miño. Unha iniciativa da que falamos con Luisa Rubines, responsable de Quinta Sacra, unha das empresas promotoras da actividade. E desde esta maña está aberta ao tráfico de vehículos e tamén de peóns a ponte de Piñeira pechada en xuño tras detectarse desviación dun piar. Repasamos intervención feita conversando co alcalde de Monforte que supervisaba esta maña a apertura da mesma. Co rexedor de O Saviñao falamos do magosto e da andaina que teñen preparada para esta fin de semana e outras novas de actualidade no citado concello. Entre outros asuntos falamos da intervención policial levada a cabo pola Policía Nacional en Monforte que rematou cun detido e o desmantelamento dun punto de venda de droga na zona de copas.