Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 10/11/2021

Programa completo 10/11/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 10.11.2021 14:19

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a Nacho Díaz. Toda unha vida adicada á reparación de calzado a punto de xubilarse e que busca a quen deixar o negocio. Comezan as obras de mellora da rúa Roberto Baamonde e en marcha tamén as da rúa Corredoira, falamos delas e repasamos outras novas do concello de Monforte conversando co alcalde José Tomé Roca. O concello de Quiroga recupera a festa do San Martiño cunha chea de actividades programadas desde maña ata o domingo e danos máis información das mesmas o alcalde Julio Álvarez. Recollemos tamén repaso á incidencia da Covid que fai hoxe Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria.