Repaso á actualidade máis próxima, como o incendio que queimou esta maña media casa en San Vicente de Castillón, en Pantón, do que nos fala o sarxento do parque de bombeiros, Tomás Losada. Adicamos o espazo "Facendo Empresa" á Panadería Herbella de A Pobra do Brollón, e conversamos cun dos seus responsables, con José Valcárcel Herbella, cuarta xeración que xestiona este establecemento. E segue a polémica sobre a posible marcha do CRAEGA para Lugo. Preguntamos sobre esta cuestión ó alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Entre outros asuntos, repasamos tamén novas do ámbito educativo con José Manuel Fuentes, responsable de acción sindical de docentes da pública de CCOO - Ensino, de visita hoxe por centros de ensino e institutos monfortinos.