Rubián celebra hoxe a Feira Outrora e abrimos programa falando da mesma co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias. Remata a intervención arqueolóxica levada a cabo en Vilarello no concello de A Pobra do Brollón descubrindo un asentamento da Idade de Bronce. Repasamos resultados dos traballos conversando cos arqueólogos que dirixiron os mesmos, Rodrigo Paulos e Xurxo Ayán. E novo albergue para o Camiño de Inverno. Unha iniciativa do concello de A Pobra da que nos da máis información o rexedor Xosé Lois Maceda. E a adega Petrón presenta hoxe o viño da última colleita cunha iniciativa que repasamos con Tania González e Mercedes Touzón.