O equipo de goberno do concello de Monforte mantén a previsión de levar ao pleno do día 31 a RPT. Un documento do que falamos co alcalde José Tomé Roca, co que repasamos outros asuntos da actualidade local. E rematan as vendimas na D.O Ribeira Sacra superando os 6 millóns de kilos de uva. Facemos balance da campaña conversando con José Manuel Rodríguez, presidente do CRDORS. Recuperamos o gabinete xurídico de Abogados Vigo 10 e con Javier Leiro falamos dos accidentes laborais. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, tempo tamén para repasar novos proxectos do muralista Michelín Rodríguez.