Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 15/11/2021

Programa completo do 15/11/2021

Manola Porto

| 15.11.2021 14:20

Abrimos programa conversando con David Rodríguez, un dos protagonistas da última película de Dani de la Torre. Con él falamos da preestrea da película que tivo lugar o pasado venres en Monforte. O Centro de Saúde de Pantón manterá consulta de 3 facultativo. Asegura o alcalde que é compromiso do propio Conselleiro de Sanidade. Repasamos esta e outras novas do citado concello conversando co alcalde José Luis Álvarez. Integrados na Rede Galega de centros dixitais da Consellería de Educación o IES Daviña Rey e o Colexio Rosalía de Castro de Bóveda. Falamos cos profesores que van coordinar as actividades, María Jesús Casado e Francisco Bouso. Presentado en O Incio o novo xeodestino "Courel" integrado polos concellos de Courel, Samos, Triacastela e O Incio. Falamos da iniciativa con Héctor Corujo, rexedor deste último concello. E do ámbito deportivo, entre outros resultados, repasamos os do Neka, que segue traendo medallas para Monforte.