Renfe poñerá en marcha en Monforte un Centro de Competencias Dixitais especializado en operacións de Ciberseguridade. Un proxecto no que investirá 1M€, que dará traballo a preto de medio cento de persoas e deberá empezar a funcionar a finais de 2023. Foi presentado este venres pola secretaria de Estado de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, o presidente de Renfe e o alcalde de Monforte. Recuperamos as súas declaracións nun programa que abrimos conversando con integrantes do grupo de Teatro Viraventos que nos falan da obra que van a representar este sábado en Monforte. Co investigador Felipe Aira, repasamos as investigacións levadas a cabo para que Monforte puidera ingresar en 1999 na Rede de Juderías de España, unha Asociación que pasa a presidir agora o alcalde monfortino, José Tomé. E a Federación Galega de Comercio outorga o Premio á Continuidade Empresarial a Calzados Losal, unha distinción da que falamos con Gonzalo López. E co alcalde de Bóveda José Manuel Arias, repasamos actividade levada a cabo hoxe no citado concello para visibilizar os usuarios do Centro que alí teñen para persoas con discapacidade. O director xeral Fernándo González, asistiu á presentación dun libro que recolle a vida de varios usuarios.