Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/10/2022

Programa completo do 17/10/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS 17/10/2022 | 17.10.2022 14:19

Os actos do Bicentenario de Cereixa como concello están recollidos nunha curta documental da que falamos hoxe co director Iago Seoane. Repasamos novas co concello de O Saviñao conversando co alcalde Carlos Armesto. O Balneario de Augas Santas agarda rematar o ano recuperando as cifras históricas de ocupación de 2019. Co director do citado establecemento, Santiago Villanueva, repasamos tamén iniciativas que teñen en marcha. Arancha Vidal, psicóloga da Asociación de Loita Contra o Cancro en Monforte fálanos de actividade que preparan para conmemorar este domingo o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Entre outros asuntos, falamos tamén das obras de rehabilitación das capelas laterais que se están levando a cabo na Igrexa da Nosa Señora da Antiga. Intervencións que financia a Consellería de Cultura e das que coñecemos máis conversando co Pai Javier Agudo, xerente da Fundación.