Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 17/12/2021

Programa completo do 17/12/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 17.12.2021 14:16

Detidos tres mozos residentes en Lugo como supostos autores de cinco roubos cometidos en establecementos comerciais de Monforte. Última hora que repasamos co portavoz da Policía Nacional. Precisamente máis persoal para a Comisaría monfortina reclama nunha moción o grupo municipal do PP. Coa voceira do mesmo, Kati Varela, repasamos esta e outras iniciativas que levan ao próximo pleno. Con Uxío Novoneyra falamos da exposición itinerante que a Fundación adicada ao seu pai ten montada en Monforte na Praza de San Antonio e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, tempo tamén para a música de Xabier Vizcaino. O artista de O Incio presenta vídeo promocional dunha das cancións do seu último disco gravado este pasado verán en Vilasouto.