Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola e acompañados do técnico Alfonso Losada Quiroga, falamos da xornada que sobre viños de garda prepara para este venres o GDR Ribeira Sacra Courel, da que nos da máis datos o xerente do citado grupo, Martín Alemparte e falamos tamén con Guillermo Campos, director da Revista Hostelería Galega que celebra esta tarde en Monforte unha cata de viños ibéricos. Convidamos tamén ao programa o doutor Rosendo Bugarín, xefe do Centro de Saúde de Monforte que vén de ser designado novo membro da Real Academia Galega de Medicina. Co profesor Antonio Vidal, repasamos actividades que está organizando o Colectivo Lemosle para celebrar o Día das Librarías e entre outros asuntos falamos tamén con Manuel Arenas, presidente da Asociación de Amigos do Museo Militar de A Coruña, da exposición que este mércores inauguran en Monforte, no Muferga, para conmemorar o 150 Aniversario da creación das Unidades Militares do Ferrocarril.