Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 18/11/2021

Programa completo do 18/11/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 18.11.2021 14:43

Este venres reaábrese o punto de vacinación Covid no antigo colexio Sagrado Corazón. Unha campaña que repasa Ramón Ares, xerente da Área Sanitaria. Agora que hai data xa para a chegada da Alta Velocidade a Ourense, a Plataforma Lugo non perdas o tren, reclama que esta provincia non quede descolgada. Falamos cun dos voceiros, José Manuel Carballo. O Ateneo Casino de Monforte prepara actividade para pechar o ano Lois Pereiro. Falamos dela con Xosé Rodríguez. No mesmo lugar este venres serán presentados os resultados das intervencións arqueolóxicas levadas a cabo en Proendos nun acto no que intervirá o director destas actuacións, Fran Alonso. Con él falamos deste acto e de novas excavacións que preparan no lugar de cara ás próximas semanas. Repasamos novas do ámbito xurídico co avogado Javier Leiro e con Santiago Cortegoso falamos da obra de teatro O Charco de Ulises que hoxe presentan en Monforte o Centro Dramático Galego.