Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 20/12/2021

Programa completo do 20/12/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 20.12.2021 14:23

Día histórico para Galicia coa inauguración da liña de Alta Velocidade entre Madrid e Ourense. Recollemos valoración deste feito dos representantes políticos monfortinos e de outros sectores como o turístico. E pouco optimistas co futuro ferroviario de Monforte son os representantes do SEMAF. Falamos con Antonio Sanchidrián, do sindicato de maquinistas con base en Monforte. Do ámbito sindical, conversamos tamén con Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO, sindicato que remata o ano líder de afiliación e delegados nesta zona sur. Conversamos tamén neste día cun grupo de alumnos do Colexio de Sober, Lucas, Pili, Lucía e Hugo, e coa profesora Flora Grande, e escoitamos o conto co que foron finalistas nun concurso nacional. Repasamos resultados deportivos da fin de semana entre eles novas medallas para o club Neka no Open de Madrid, das que nos dá conta o adestrador José María Vega.