Con Manola Porto

Más de Uno Monforte 21/03/2025

Programa completo do 21 /03/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando co voceiro do BNG Emilio Sánchez que presenta iniciativas que levarán ao próximo pleno. O Director Xeral de Familia, Jacobo Rey, visita un dos centros de atención aos menores que hai en Monforte, concretamente o Centro de Día Madre Teresa, cóntanos a actividade que alí realizan. Coa directora do Hospital Comarcal, Inmaculada Ramos, repasamos os anuncios das novas obras que onte anunciou o Conselleiro de Sanidade na visita que fixo a este centro sanitario. Conversamos tamén co presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, que celebra en Monforte cos alumnos do Colexio Novo, o Día Mundial da Auga. E os senadores do PP por Lugo acompañados de represntantes deste partido na zona reclaman na estación de Canabal mellores servizos ferroviarios. Escoitamos ao senador Xosé Manuel Barreiro e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.