Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 21/12/2021

Programa completo 21/12/2021

Manola Porto

Monforte de Lemos | 21.12.2021 14:19

Abrimos programa co espazo adicado ao sector vitícola, o técnico Alfonso Losada repasa tipos de viños para acompañar aos pratos destas Festas. Unha vez máis chegadas estas datas, Cáritas fai un chamamento á solidariedade da cidadanía para axudar aos máis necesitados. Ata novembro levaban atendido a 560 persoas. Repasamos actividades que realizan ao longo do ano e as concretas destas datas, co párroco José Luis Vázquez Coego e con Carmen Sandar González. Segue aumentando o número de casos activos pola Covid en Monforte polo que o CCU decidiu suspender as actividades que tiñan programadas a partir deste mércores. Última hora que repasamos co xerente Ángel Folgueira. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, pechamos programa conversando coa cantante de O Incio, Lucía Pérez, que presenta un anticipo do novo disco que está preparando para o próximo ano.