Abrimos programa conversando co compositor Juan Antonio Simarro autor, xunto con Rocío Caamaño, de "O Meu Camiño", un tema que aspira a ser Himno do Xacobeo e serviu de "banda sonora" na presentación da segunda edición do "Camiño Creativo". Falamos do pleno que se vai celebrar en Monforte o luns, presenta iniciativas que leva Esperta Monforte o voceiro, Germán Vázquez. En vésperas de celebrar o Día do Libro, escoitamos a Mirian Casas falarnos da súa segunda novela que presenta este sábado na Librería Pelayo. O taekwondo de Monforte acada unha medalla de bronce no campionato mundial de Corea, da última hora danos conta o adestrador José María Vega, e entre outros asuntos, falamos tamén do Campionato Galego de Voleibol que se vai celebrar o domingo en Monforte con Yolanda Maciñeiras, presidenta do Club Ribeira Sacra, encargado de organizalo.