A supresión do estado de emerxencia trae consigo que o sector hostaleiro poida xa ocupar a totalidade do aforo. Unha boa nova para este sector que repasamos coa delegada da Apehl para esta zona sur. Falamos tamén do mellor queixo de España que se elabora na queixería Airas Moniz de Chantada, cun dos responsables da mesma. A receita para o concurso de Salgado Congelados chéganos hoxe do Restaurante do Club Fluvial, que ten nova xerencia e moitos proxectos que repasamos con Eduardo Guerra. Este sábado a Asociación Patrimonio de Lemos, organiza un roteiro polas Minas de Freixo e que repasamos con Jorge Vila e con Mónica Rodríguez repasamos actividade cultural que teñen organizada en Piñeiros para homenaxear á Tula, unha das veciñas do lugar.