Ata 18 meses se poden prolongar os traballos para restablecer a circulación na estrada que se afundiu no Courel. A solución é complexa e os técnicos están a avaliar catro alternativas. Escoitamos que conta delas a Conselleira Ethel Vázquez e falamos coa alcaldesa do Courel Dolores Castro. O alcalde de Sober denunciou ante a Garda Civil actos vandálicos ata en 15 lugares diferentes, moitos deles puntos turísticos. Con Luis Fernández Guitián repasamos esta e outras novas do citado concello que se prepara para celebrar este sábado un Festival Solidario para recadar cartos para os afectados polo conflicto de Ucraína. O alcalde de Pantón considera fora de lugar a petición feita polo BNG para que se lle incremente o pago por desprazamento ás traballadoras do SAF. José Luis Álvarez, responde ás declaracións que onte fixo no programa a voceira nacionalista. Falamos de teatro con Cándido Pazó que dirixe "Cigarreiras", obra que hoxe representa en Monforte Contraproducións. E como cada xoves temos o gabinete xurídico de Abogados Vigo 10, con David Doval falamos hoxe de parellas de feito.