Presentadas as Xornadas da Rota do Románico que se van a celebrar no concello de Pantón ao longo do mes xuño. Conferencias, actuacións musicais e encontro de escritores, entre outras actividades que repasamos coa coordinadora das Xornadas, Flora Enríquez. Con Marta Villén falamos da Ruta do Viño da Ribeira Sacra e das Xornadas de Portas Abertas organizadas de venres a domingo. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, entrevistamos ao candidato do BNG á Alcaldía de Monforte, Emilio Sánchez, e repasamos outros actos dunha campaña que apuran todos os candidatos.