Monforte estrea hoxe un novo punto de vacinación Covid. Fala del e da incidencia da pandemia na zona o xerente da Área Sanitaria. Visitou o lugar acompañado entre outros, do delegado da Xunta. Facilitar a realización de test PCR de saliva nas farmacias, aumenta a capacidade de detección de asintomáticos. Conversando coa farmacéutica Carmen Raices, coñecemos algo máis da iniciativa. Lois Pereiro seguirá sendo homenaxeado en Monforte ao longo do ano con varias actividades que repasamos cun dos promotores, Xosé Rodríguez. Repasamos tamén o programa do Sacra Festival coa Directora Artística, Carlota Pérez. E como cada martes repasamos novas do sector vitícola, co técnico Alfonso Losada, falamos co ciclo no que se atopan agora as viñas, a que deben estar atentos os viticultores e falamos tamén do formación que para este sector imparten na Escola de Hostalería de Rosende, coa profesora Manuela Chouza.