Estabilizado o incendio do Courel pero aínda non se da por extinguido. Da última hora danos conta a alcaldesa Lola Castro coa que repasamos iniciativas que reclaman para recuperar a superficie queimada e axudar aos afectados. Repasamos tamén pleno que se vai celebrar hoxe en Monforte, iniciativas que levan os grupos da oposición e conversa co voceiro do BNG, Emilio Sánchez. E pleno celebrou o concello de Pantón, luz verde para asinar un acordo coa Fundación San Rosendo que se compromete a construir un Centro de Maiores se o concello lle cede os terreos. E no espazo que adicamos cada martes ao sector vitícola, hoxe falamos da adega de Pedro Rodríguez, Guímaro, que exporta xa para 32 países. Internacionalización pola que vén de ser premiado, entre outros, pola Cámara de Comercio.