Excavado na súa totalidade o hórreo romano que apareceu en Proendos. Falamos co arqueólogo que dirixe as intervencións, Fran Alonso e co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. A Consellería do Medio Rural traballa na posta en marcha dun polígono agroforestal en Bóveda xuntando 292 parcelas de 200 propietarios. Unha iniciativa da que falamos co alcalde José Manuel Arias. Esperta Monforte leva ao pleno de hoxe unha moción solicitando ao equipo de goberno que o Centro de Atención aos peregrinos pase a chamarse "Oficina Aida Menéndez de Atención ao Peregrino". Repasamos tamén outros asuntos do pleno de hoxe.