Monforte acolle esta fin de semana unha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra. Repasamos presente e futuro desta D.O conversando con algúns dos adegueiros participantes, con enólogos, co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e co pregoeiro do evento, José Mouriño. Falamos tamén co coreógrafo, Fran Sieiro, cuxa compañía de danza abre o Festival.