A celebración do Xoves de Compadres abre oficialmente o Entroido no Val de Lemos. É unha das novas que repasamos no resumo de noticias co que abrimos o programa. Afondamos nas investigacións que se levan a cabo para facilitar plantacións de oliveiras. Iniciativa na que entre outras entidades está involucrada a Fundación Juana de Vega e falamos con Alfonso Ribas, director de investigación e innovación da citada Fundación. Conversamos tamén con Pepe Mourelo, a voz dos deportes no Val de Lemos, durante moitos anos que vén de recibir unha das Distincións ao Mérito Deportivo que outorga a Xunta de Galicia. Entre outros asuntos, tempo tamén para o gabinete xurídico de AV10, con Héctor Silva coñecemos algo máis sobre os avogados do turno de oficio.