Máis de 700 persoas desfilarán esta tarde polas rúas de Monforte que recupera a celebración do día grande do entroido aínda que con menos participación. Buscamos a última hora conversando coa concelleira de cultura Marina Doutón. No espazo adicado ao sector ademáis do técnico Alfonso Losada, hoxe acompáñanos Diego Rodriguez, 5ª xeración da adega Don Bernardino, pioneira en facer viño en barrica nesta D.O. Entre outos asuntos, conversamos tamén coa atleta Saleta Fernández, que vén de proclamarse Campioa de España no Campionato celebrado esta fin de semana en Ourense.