Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 01/03/2023

Programa completo do 01/03/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 01.03.2023 14:23

Finaliza o cableado con fibra óptica en Monforte e segue extendéndose a rede polo resto do territorio. Traballos dos que falamos con David Llano, responsable da empresa Adamo para a zona Norte. O día 21 será inaugurada a nova iluminación que se coloca na Igrexa da Nosa Señora da Antiga que financia a Fundación Iberdrola e que hoxe visita o presidente desta Fundación, Ramón Castreana ó que entrevistamos hoxe no programa. Falamos tamén das Xornadas Pacegas que se van celebrar no Museo do Pazo de Tor a partir deste xoves coa responsable do Museo, Encarna Lago. E o matriarcado galego estarán adicadas ás Xornadas do Cocido na Ribeira Sacra que se van presentar este venres e das que falamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería para esta zona. E desde hoxe mesmo queda convocado o noveno concurso de proxectos empresariais Semente Ribeira Sacra. Buscamos máis datos del conversando con Severino Rodríguez, voceiro da Asociación promotora. Son, entre outros, asuntos que repasamos da actualidade máis próxima.