Aberto o prazo para que os viticultores da D.O Ribeira Sacra tramiten as axudas da Xunta para a conservación da paisaxe. Trámites que se poderán facer na sede do Consello Regulador, segundo nos conta o presidente Antonio Lombardía. Conversando con él abrimos o programa de hoxe. Tamén o concello de Sober pon persoal a disposición dos viticultores para facilitar este trámite. Falamos delo co alcalde Luis Fernández Guitián que fai tamén balance de 2024 e repasa previsións para 2025. E o Festival 17º Ribeira Sacra saca á venda os primeiros abonos para un evento que se vai celebrar do 18 ó 20 de xullo e do que nos da máis información o director Carlos Montilla. Tamén ten xa data o Festival Trece Roeis que adianta a celebración ao 20 e 21 de xuño. Miguel García é un dos membros da comisión organizadora e explica os motivos polos que cambian de data. Entre outros asuntos repasamos tamén resultados do concurso de fotografía convocado por Segredos de Pantón durante o NADAL, repasa palmarés o presidente Lucas Vázquez.