Abrimos con repaso á información máis próxima e a primeira conversa será coa directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo sobre a reunión do consello reitor da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Caurel. Presentado o matadoiro móbil que se vai poñer en marcha en xaneiro, cóntanos como é e como vai funcionar, José Balseiros, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. E xeoradar en Proendos, no concello de Sober, á procura de novas estructuras que permitan definir novas escavacións na zona. Intervencións das que falamos co director do proxecto Fran Toucedo. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde do concello de O Saviñao, Carlos Armesto, preparan o prendido das luces de Nadal para o domingo e veñen de aprobar os orzamentos de 2024 que superan os 3,5M€.