Abrimos repasando novas da actualidade mais próxima e co espazo adicado ao sector vitícola no que falamos do viño sen alcohol co técnico Alfonso Losada e con Irem Eren, directora de negocios de BevZero, empresa pioneira en desalcoholizar viño e cervexa. O voceiro do BNG en Monforte, Emilio Sánchez fai balance de 2024 e repasa iniciativas de cara aos próximos meses. Entre outros asuntos, conversamos tamén co presidente do CRAEGA que vén de asinar convenio co Conselleiro do Mar para sufragar certificacións de produtos de acuicultura.