Os venezolanos son o grupo de emigrantes máis numeroso en Monforte. Algúns deles teñen xa aquí o seu propio negocio como é o caso de Jesús Zambrano que fai un ano abría unha barbería. Falamos con él no espazo "Facendo Empresa" que adicamos tamén a Piscilor, unha das piscifatorías máis importantes de Galicia ubicada na zona da Labrada e da que falamos con Silvia López. Unha empresa que onte visitou o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares que pasou tamén pola sede do CRAEGA. Conversamos con él para afondar nos obxetivos destas visitas. O alcalde do concello de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, repasa 2024 e proxectos para este novo ano. Entre outros asuntos, conversamos tamén co piloto Eduardo Iglesias, xa de volta do Dakar que tivo que abandonar por avaría na moto que pilotaba.