Abrimos co repaso á información máis próxima e conversando co arqueólogo Xurxo Ayán que prepara nova intervención en Salcedo, no concello de A Pobra do Brollón. De auxilio e seguridade no Camiño de Inverno falamos co sarxento do Cuartel da Garda Civil de Quiroga, Jaime Arza, tras localizar a un peregrino ao que unha avería no tlf móbil deixou incomunicado provocando unha alerta internacional. Conversamos tamén co voceiro de Esperta Monforte, Germán Vázquez que presenta iniciativas para o próximo pleno, considera innecesarias as cartas que o alcalde mandou aos veciños da Rúa Chantada e tampouco está dacordo co balance que o mandatario local fixo do pasado ano. Nova cita coa saúde bucodental e a odontóloga María José Martín e entre outros asuntos falamos co xa designado novo presidente do Lemos, Antonio López.