Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 02/01/2023

Programa completo do 02/01/2023

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 02.01.2023 14:19

Baixos e garaxes asolagados en varias rúas de Monforte. Estradas locais e camiños cortados no concello de O Saviñao e numerosas incidencias tamén no concello de Pantón, que xunto co de Chantada, foron os máis afectados nesta zona sur da provincia polas intensas choivas da fin de semana. Os bombeiros do parque comarcal de Lemos, levan atendido preto de medio cento de incidencias. Falamos co sarxento dos bombeiros, Tomás Losada e cos alcaldes, José Luis Álvarez e Carlos Armesto. Dos asolagamentos de Pantón fai tamén balance a voceira do BNG, Rosana Prieto Florines. Vicente Vázquez de CIG-Saúde denuncia a carga de traballo da única pediatra que está pasando consulta no Centro de Saúde de Monforte e a falta de profesionais, tanto neste Centro como no Hospital Comarcal. Entre outros asuntos, falamos tamén de piragüismo con Santi Díaz do Club Quixós. Facemos balance de 2022 e repasamos como foi o descenso do Cabe que fixeron onte.