Ata as 9:45 deste martes houbo que agardar para o primeiro nacemento rexistrado no Hospital de Monforte neste 2024. É unha nena e chámase Chiara. É unha das novas desta segunda xornada do novo ano que abrimos conversando coa cantante de O Incio Lucía Pérez. Tamén entrevistamos á escritora María Oruña que ten este martes presentación en Monforte, ás 19h no Ateneo Casino, organizada por Agrasar. Entre outros asuntos repasamos tamén actividades do Colectivo Segredos de Pantón, conversando co presidente Lucas Vázquez.