Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 02/02/2022

Programa completo do 02/02/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 02.02.2022 14:20

A piques de cumprir 24 anos de historia chega o relevo xeracional á Librería Agrasar de Monforte. Falamos coa promotora, Ada Agrasar e co seu fillo Jacobo a fronte deste negocio desde onte mesmo. Os restos de cerámica medieval atopados no Castro de San Lourenzo, entre os máis importantes de Galicia segundo recolle na tese de doutoramento o arqueólogo Fran Alonso, co que que falamos tamén no programa de hoxe. E a muralla de San Vicente pasará a ser de titularidade municipal. Repasamos no programa a importancia da mesma con Jorge Vila, da Asociación de Amigos do Patrimonio de Lemos. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén coa delegada da Asociación de Hostalería, Beatriz Vila que traballa nunha nova edición do Estase Cocendo.