Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 02/05/2023

Programa completo do 02/05/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 02.05.2023 14:21

Sober acolle o venres unha charla sobre a clasificación de viños por paraxes que puxo en marcha a D.O Bierzo. Delo falamos no espazo adicado ao sector vitivinícola co técnico Alfonso Losada e a directora técnica do CRDO BIERZO, Carmen González. Ingresa na Real Academia de Medicina de Galicia o doutor Rosendo Bugarín, coordinador do Centro de Saúde de Monforte onde exerce de médico. Falamos con él deste feito e do que compromiso adquirido con este nomeamento. O músico Miguel Franqueira, director da Banda de Música de Sober e mestre en varias escolas de música, de xira coa Filarmónica da Scala de Milán, polos mellores teatros de Europa. Aténdenos desde a cidade italiana onde se prepara para os citados concertos. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima falamos tamén con Mónic Álvarez, directora do Centro de Continuidade habilitado para alumnado do Colexio de Educación Especial Infanta Elena.