Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 02/07/2024

Programa completo do 02/07/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 02.07.2024 14:19

Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitícola, co técnico Alfonso Losada e a investigadora Leonor Ruiz, falamos de investigacións con variedades resistentes ó cambio climático. Hoxe empeza o Fancine de Lemos que cumpre 10 anos, del falamos con Anabel Soto e Jorge García, da comisión organizadora, e coa actriz María Vázquez, integrante do xurado do concurso de curtametraxes. Uns 200 mil euros foron empregados en obras de mellora da piscina municipal de Pantón e o seu entorno, obras que repasa o alcalde José Luis Álvarez, nunhas instalacións que hoxe abren as súas portas. En Bóveda vén de presentarse o cartel da Feira Outrora, do que falamos co rexedor local, José Manuel Arias que repasa tamén actividade do GDR Ribeira Sacra - Courel, que él presiden e que celebra xuntanza no día de hoxe para aprovar investimentos por valor superior os 284 mil euros. E o paro baixa en todos os concellos da comarca, fai balance dende a secretaria de acción social de CCOO en Lemos, Mario Docasar.