A situación ferroviaria da provincia de Lugo a debate no Senado onde o senador Xosé Manuel Balseiro denuncia "illamento e discriminación". Conversamos con él no programa tras repasar outras novas da actualidade máis próxima. Conversamos tamén coa investigadora Begoña López que repasa a vinculación de Rozavales con Roncesvalles. Con Manuel Casanova falamos das Festas do Rosario que preparan en Cereixa para esta fin de semana. Ana Belén Fernández, psicóloga da Asociación de Loita contra o Cancro, repasa actividades que promoven para o que resta de ano e entre outros asuntos, falamos tamén de piragüismo e dos triunfos que segue colleitando o club Quixós.