Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo "Facendo Empresa" que hoxe adicamos a Calzados Losal que exporta xa o 40% do calzado que fabrica. Conversamos co voceiro da Asociación de Veciños de O Saviñao, Manuel Sarmiento, que repasa actuacións que reclaman para mellora de diversas estradas no citado concello. Con Teresa Grau falamos dunha actividade que van celebrar esta tarde no Ateneo Casino para lembrar de xeito diferente aos seres queridos falecidos. María Jesús González repasa como foron os actos de traslado da patroa de Monforte ata a Igrexa de San Vicente. Repasamos novas do ámbito xurídico con Héctor Silva e rematamos escoitando ao presidente Alfonso Rueda, que repasaba tralo consello da Xunta, investimento realizado na Ribeira Sacra desde 2017 e as portas dun Congreso Internacional que se vai celebrar a próxima semana e que servirá para relanzar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.