Intercambio de experiencias e foro de debate sobre o reto demográfico ten organizado para este venres o GDR Ribeira Sacra-Courel. Repasamos actividade conversando co xerente do Grupo, Martín Alemparte. O PP de Monforte prepara congreso para o día 27 de marzo. Falamos coa actual voceira Kati Varela que confirma que se presenta como candidata para seguir liderando o partido a nivel local. Datos históricos de contratos indefinidos na zona, dende CCOO aseguran que é froito da reforma laboral. Con secretario de acción sindical do sindicato citado, Mario Docasar, repasamos tamén datos do paro. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, hoxe toca tamén gabinete xurídico e o avogado Javier Leiro repasa unha sentenza pioneira relacionada coas traballadoras do fogar.