Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 03/04/2025

Programa completo do 03/04/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

As novas tecnoloxías ao servizo dos arqueólogos. Sen necesidade de facer excavacións as prospeccións levadas a cabo na Roda do Castro datan este asentamento no século IV na Idade do Ferro. Afondamos neste asunto co director do proxecto, Xurxo Ayán e o investigador do CSIC, Carlos Otero. Recta final do Estase Cocendo cunha chea de actividades programadas para este sábado que repasamos con Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería para esta zona. E o viño é o producto desta zona máis afectado polos aranceis fixados por Trump porque hai varias adegas que exportan a EEUU, entre elas Guímaro asi que preguntamos por esta cuestión ao seu responsable, Pedro Rodríguez. Entre outros asuntos, como cada xoves temos gabinete xurídico e Héctor Silva fálanos da Lei da Segunda Oportunidade.