Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE DE LEMOS 03/05/2023

Programa completo do 03/05/2023

Manuela Porto

MONFORTE DE LEMOS | 03.05.2023 14:16

Abrimos programa co espazo "Facendo Empresa" que adicamos á empresa Sacra Activa e conversamos co seu responsable Martín Martínez. O concello de O Saviñao súmase á celebración do centenario do Seminario de Estudios Históricos e en colaboración do Museo do Pobo Galego ten varias actividades programadas para a fin de semana, repasamos esta e outras novas do concello de O Saviñao conversando co alcalde Carlos Armesto. Recollemos aclaracións de Beatriz Saavedra en representación dos veciños que piden un parque para mascotas, que lamentan o mal entendido cos veciños do Barrio de Cobas. E entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, tempo tamén para falar da Festa dos Maios que se celebra hoxe en Monforte, entre os participantes está o Colexio Ferroviario e falamos con Ana Illanes, unha das profesoras encargada de manter a tradición.