Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 03/05/2024

Programa completo do 03/05/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Repasmos novas da actualidade máis próxima e a nosa primeira conversa será sobre libros con Jacobo Rodríguez que coa Libraría Agrasar está participando da Feira do Libro de Santiago. Monforte acolle este sábado o Campionato Nacional de Taekwondo e á procura da última hora conversamos con José María Vega, adestrador do NEKA, o club anfitrión. E 170 mil euros en premios cun 70% das iniciativas premiadas en pleno funcionamento, é o balance dos 10 anos do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra que ten aberto prazo de presentación de ideas ata o día 31. Falamos delo con Pilar López, presidenta da Asociación promotora. E todo preparado en Vilachá de Salvadur para celebrar desde esta mesma tarde a Feira do Viño. Falamos con Puri Díaz, unha das adegueiras participantes e repasamos actividades programadas co técnico Xosé Gago.