Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 03/06/2024

Programa completo do 03/06/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 03.06.2024 14:21

Repaso á actualidade máis próxima que inclúe a festa de ascenso á Preferente do Atlético Escairón. Unha celebración da que nos fala o alcalde do Saviñao Carlos Armesto co que repasamos outros asuntos de actualidade no citado concello. Conversamos tamén coa voceira do PP, Katy Varela que volve ó Parlamento Galego coa acta que deixa vacante o Conselleiro do Mar. Coa presidenta da Comunidade de Regantes do Val de Lemos, Alicia Toirán, repasamos resultados da Asamblea de Regantes celebrada este domingo. Recollemos tamén con Roberto Casto, tenente alcalde do concello de Ribas de Sil e presidente da Asociación Montañas do Courel, balance da Festa da Cereixa celebrada esta fin de semana e datos do novo logo do Xeoparque Montañas do Courel, que tamén se presentaba neste evento. E nova xornada de protesta dos veciños do Courel pola falta de médicos. Hoxe trasladaron as protestas a Lugo, concentración diante a xerencia do Sergas no Hula. Falamos con Mireia Páez voceira da Plataforma convocante.