Con Manola Porto

Más de uno Monforte de Lemos 03/07/2024

Programa completo do 03/07/2024

Manuela Porto

Madrid | 03.07.2024 14:20

Repasamos novas da actualidade máis próxima e os primeiros convidados do programa para o espazo "Facendo Empresa", son os novos reponsables do Hostal Galicia, un dos establecmentos tradicionais do barrio da Estación que nesta nova etapa rexentan Sabela Valverde e Andrés Corral. No concello de O Saviñao seguen avanzando na creación do polígono agroforestal que proxectan en Xesto, na parroquia de A Broza. Hoxe mesmo celebraron xuntanza cos afectados que repasamos co alcalde Carlos Armesto. Segunda xornada do Fancine de Lemos con película e curtametraxes do concurso, entre elas unha do monfortino Manuel Valcárcel que nos fala dela, do Festival, e dun premio que vén de recibir da Cruz Vermella. A Pobra do Brollón celebra o sábado a IX Feira Guímara coa que o concello pretende escenificar as loitas dos guímaros cos Condes de Lemos. Danos máis datos deste evento o rexedor do citado concello, Xosé Lois Maceda. Conversamos tamén co técnico de deporte do concello de Monforte, Óscar Rodríguez, acompaña á delegación monfortina que participa dos Xogos do Eixo Atlántico en Portugal e nos que conseguimos 2 medallas en atletismo.