Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 03/10/2024

Programa completo do 03/10/2024

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Coas obras da nova comisaría en macha celebraba hoxe a súa festa en Monforte a Policía Nacional, obras e actos, entre outros asuntos, que repasamos co alcalde José Tomé Roca. Cun obradoiro de nutrición abren hoxe en Pantón actividades que van a levar a cabo ao longo do outono e das que falamos co técnico de cultura Javier González. Este xoves volve o teatro a Monforte. Falamos con Eduardo Alonso, autor e director da obra que hoxe presenta no Multiusos, Teatro do Noroeste. E presentación no Barrio de Carude, dunha obra de teatro que vén de publicar Antón Valcarce co que tamén conversamos hoxe. Como cada xoves temos gabinete xurídico e Héctor Silva repasa motivos polos que se pode revocar unha doazón. E Mario Docasar, secretario de acción social de CCOO en Monforte, analiza os datos do paro na zona.